Antoloxía da literatura Galega 1981-2011/Anthology Galician literature
Dunne, Jonathan
Gallec

Sinopsi Antoloxía da literatura Galega 1981-2011/Anthology Galician literature

Ambas as dúas foron escolmadas por Jonathan Dunne, tradutor de prestixio, que se encargou da edición. Sesenta textos de sesenta autores ofrécense nesta nova antoloxía en edición bilingüe galego-inglés, incluíndo todos os xéneros: narrativa de ficción (tanto para adultos como infantil e xuvenil), poesía, teatro e ensaio. Este novo volume ofrece unha selección completa da mellor literatura galega producida ao longo dos últimos trinta anos, con nomes familiares como os de Manuel Rivas e Chus Pato acompañados dun abondoso talento ata o de agora en boa medida por descubrir. En edición bilingüe (inglés-galego), a Anthology of Galician Literature, 1981-2011 nace para espallar a creación literaria en lingua galega polos grandes ámbitos académicos e profesonais onde as letras circulan: universidades, centros de estudos do hispanismo e a lusofonía, lectorados de lingua galega, asociacións de tradutores, axentes e críticos literarios, medios de comunicación especializados, editoras comerciais, bibliotecas, feiras internacionais, etc. Non renunciamos á utilidade da obra en centros docentes e en aulas de literatura (universitarias e de bacharelato). Mais a presente escolma quere ser, fundamentalmente, unha proposta ordenada do noso presente literario.Esta antoloxía aspira a presentar a literatura galega contemporánea ao público lector en lingua inglesa e constitúe unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega. 1196-1981, publicada en 2010.
EAN
9788498654516
Editorial
Any d'edició
2012
Pàgines
400
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
VARIOS
Alt
240
Ample
170
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres