Antoloxía poética de Antón Tovar
Tovar, Antón
Gallec
Gallec

Sinopsi Antoloxía poética de Antón Tovar

Esta "Antoloxía poética" de Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004), que reúne textos representativos dos seus sete poemarios galegos, permite que nos adentremos na obra poética dun autor que, en palabras de Delfín Caseiro, responsable da biografía introdutoria, foi "un home desacougado, que semellaba vivir nun pesadelo eterno, intemporal, na procura infatigábel da luz, da calma, da verdade, da felicidade". As angueiras existenciais da condición humana, que tan acertadamente plasma Tovar nos seus versos, marcan a lectura desta antoloxía. Son versos que nacen do íntimo, que suscitan unha profunda emoción e a reflexión crítica de quen se deixa seducir pola súa lectura. A iniciativa do profesor Xesús Alonso Montero, o Museo da Limia (Vilar de Santos) pon en marcha este libro, en colaboración con Xerais, que rescata unha das voces líricas máis importantes da segunda metade do século XX, precisamente arredor da celebración do centenario do nacemento de Antón Tovar. O Museo da Limia, con vocación de entidade aberta e dinámica, ten un especial empeño en promover e difundir as creacións que se producen no seu territorio. A Biblioteca da Limia recolle, desde o ano 2018, a produción do poeta da Pereira, Antón Tovar, así como boa parte da creación literaria de máis de cincuenta autores.
EAN
9788411102544
Editorial
Any d'edició
2023
Pàgines
256
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS
Alt
220
Ample
145
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres