Aprender a convivir
R. Jares, Xesús
Gallec

Sinopsi Aprender a convivir

O obxectivo de aprender a convivir forma parte, cando menos de forma implícita, de todo o proceso educativo. Historicamente, ao sistema educativo, xunto coa familia, asignábaselle a aprendizaxe das normas de convivencia elementais para vivir en sociedade. O Informe á UNESCO da Comisión internacional sobre a educación para o século XXI, presidida por Jacques Delors, resalta o de aprender a convivir como un dos catro piares en que se debe sustentar a educación para o novo século. Aprender a convivir non é só un requirimento formal das nosas leis educativas senón unha necesidade inaprazable de todo proxecto educativo, tanto da familia como do conxunto do sistema educativo, sen esquecernos dos medios de comunicación social. A aprendizaxe dunha convivencia respectuosa e solidaria é responsabilidade de toda a cidadanía e non só do profesorado. Todos os cidadáns deben achegar o seu grao de area para favorecer unha convivencia positiva nos diferentes ámbitos da vida: familia, escola, traballo, barrio ou cidade. Este libro é froito do programa educativo, promovido pola Concellería de Educación e Muller do Concello de Vigo, co obxectivo de aprender a convivir co conflicto de forma natural e positiva, favorecer hábitos de convivencia democrática nunha sociedade cada vez máis multicultural e rexeitar a violencia como forma de resolución de conflictos. O autor, Xesús R. Jares, propón, dende unha cultura de paz, unha reflexión en profundidade sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como liñas de actuación educativa, baseadas na participación da comunidade educativa, a mediación e a resolución non-violenta dos conflictos. O volume complétase cun anexo documental onde se inclúe información sobre as características do programa promovido polo Concello de Vigo e os textos completos das declaracións sobre a violencia (Sevilla 1986), o Manifesto 2000 para unha cultura de paz e a non violencia, e da Declaración universal dos dereitos humanos.
EAN
9788497824927
Editorial
Any d'edició
2007
Pàgines
152
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
210
Ample
130
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres