Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan
Koeppen, Wolfgang
Gallec

Sinopsi Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan

Os Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan viron a luz en 1948, o que fai da obra unha das primeiras memorias literarias do Holocausto. Tamén resultou ser unha das máis polémicas: orixinalmente presentouse como un texto orixinal de Koeppen, baseado nas reminiscencias que o protagonista, Jakob Littner, supostamente compartira en conversa co editor; anos despois, a raíz da reedición da obra (para entón esquecida), quedou demostrado que Koeppen traballara sobre un manuscrito do propio Littner, que o editor xulgara interesante no contido e deficiente na forma. Sexa como for, os Apuntamentos constitúen un relato poderosísimo da desgracia e salvación dun home que na noite do 9 de novembro de 1938 deixa de ser reputado filatelista muniqués de vida acomodada para se converter nun xudeo polaco deportado e perseguido pola que sempre considerou a súa patria. Cun estilo sobrio e enganosamente obxetivo nárranse a espiral de horror que conclúe con Littner agochado nun burato no chan grazas á intervención dun aristócrata polaco máis premido pola falta de diñeiro ca polas conviccións nazis.
EAN
9788492866236
Any d'edició
2011
Pàgines
128
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
CONTEMPORANEA
Alt
215
Ample
130
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres