As Cantigas de Santa María
Fidalgo, Elvira
Gallec

Sinopsi As Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María son o punto final dunha longa tradición literaria en loanza da Virxe María. Obra dun rei que tiña a súa disposición un obradoiro literario onde non faltaban medios, as Cantigas foron copiadas en ricos códices, onde cada texto vai acompañado da notación musical e de ricas imaxes.Desde este libro de Elvira Fidalgo, profesora titular da Universidade de Santiago, preténdese ofrecerlle ó lector unha visión o máis completa posible das Cantigas de Santa María, dado que nunca se chegou a elaborar un libro que abarcase os puntos básicos e esenciais para que o interesado pola literatura medieval galega puidera completar o coñecemento do panorama poético do noroeste peninsular co achegamento a un cancioneiro tan rico, completo e complexo. Este libro estudia os aspectos fundamentais para a comprensión de tan ambiciosa obra e a tal fin revísase a tradición literaria na que se encadra, levando a cabo unha análise do modelo arquitectónico que estructura os textos e un repaso ós problemas que presenta a súa edición, aínda non resoltos. Por primeira vez, ofrécese un estudio global das cantigas de loor que ata o de agora non chamaran a atención da crítica e descríbense dous modelos básicos ós que responde a factura destes textos particulares. Hai tamén un apartado para a música e outro para a iconografía, preprado pola medievalista Rocío Sánchez Ameijeiras, que por vez primeira se estudia con carácter xeral, destacando a importancia da miniatura alfonsina no panorama europeo da época.
EAN
9788483027875
Editorial
Any d'edició
2002
Idioma
Gallec
Col·lecció
UNIVERSITARIA
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres