As vidas de Nito
Paz, Xabier
Gallec
Gallec

Sinopsi As vidas de Nito

Casiano Cendán Rocha, un home de idade que vive nunha residencia, fai memoria da súa vida a través das conversas coa súa neta Aldara, que remexe nel os sedimentos máis íntimos. Canto importa o corpo? Que lle sucede a un neno que non medra como é debido? Para Casiano, durante a infancia e a puberdade, o seu corpo foi fonte de desacougo e estrañeza. Logo, xa adulto, a súa paixón por Africa converteuse no referente dunha existencia chea e dorida. As visitas da súa neta actúan como o catalizador de inesperados procesos íntimos. Casiano debulla recordos para compoñer a esquecida historia da súa nenez e puberdade. Desde a chegada da Coca-Cola até a traizón da Transición, é retratada unha época que case todos queren esquecer. Na lembranza desfilarán as angueiras de Nito, un neno de anómalo e lento medrar, a súa perplexidade ante a rareza, a dor da diferenza, a educación relixiosa, a perda da inocencia, o asalto da sexualidade... Aldara recibe estrañada as disertacións do avó, visita tras visita, desde a historia de Papá Noel até a termodinámica da vida, desde a literatura até as vantaxes da morte. Unha desolada lucidez, non exenta de humor, percorre o texto desta novela na voz do narrador. As vidas de Nito é unha novela escrita cun enorme poder evocativo e cunha vontade estilística arrebatadora.
EAN
9788499144870
Editorial
Any d'edició
2013
Pàgines
400
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
nº colección
335
Col·lecció
NARRATIVA
Alt
220
Ample
145
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres