Atlas lingüístico galego: léxico tempo atmosférico e cronolóxico
AA.VV.
Atlas lingüístico galego: léxico tempo atmosférico e cronolóxico
Atlas lingüístico galego: léxico tempo atmosférico e cronolóxico AA.VV.

Sinopsi Atlas lingüístico galego: léxico tempo atmosférico e cronolóxico

Do ALGA apareceran ata agora os volumes correspondentes á morfoloxía verbal (I), morfoloxía non verbal (II) e fonética (III). Nesta cuarta entrega inaugúrase a serie de volumes que conterán o léxico, organizado por campos semánticos. Contén o vol. IV o léxico referente ó tempo atmosférico e cronolóxico. En 191 mapas cartografíanse as diferentes maneiras en que os galegos nomean, en 167 puntos do dominio lingüístico galego, conceptos tales como 'amencer', 'pór do sol','setestrelo, 'trebón', 'vento do sur', 'orballo', 'carambelo', 'o día antes de hoxe' etc. Así como os mapas dos volumes anteriores permitiron trazar con moito pormenor as isoglosas que debuxan a paisaxe dialectal galega, cos mapas deste volume poderase ver de qué maneira os "nomes" acompañan as "cousas" formando ou non áreas léxicas. O etimólogo, o comparatista, o etnógrafo e mesmo o historiador ou o codificador do galego terán en volumes coma este unha ferramenta indispensable. Era Galicia quizais o único país que faltaba para completar o mosaico románico de atlas lingüísticos; con contribucións coma esta o galego, tamén en cartografía lingüística, está acabando de entra na normalidade.
EAN
9788495892171
Any d'edició
2003
Pàgines
559
Enquadernació
Libro
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres