BREVE HISTORIA DA CORUÑAia)
Longueira Fafián, Felix
Gallec

Sinopsi BREVE HISTORIA DA CORUÑAia)

Esta Breve Historia da Coruña pretende ser curta, manexábel e divulgativa. En nada busca ser exhaustiva nin comprensiva, porque non se poden esgotar nunhas poucas páxinas asuntos que xeraron polémicas sen conto. Non pretende servir como introdución a outros estudos de maior densidade, aínda que os recomende e deles se alimente.

Este libro enténdese como un paseo pracenteiro pola cidade. Vai na axuda do cidadán curioso que, no medio da trasfega cotiá, ten un momento para deterse e preguntarse polo sentido das rúas, das prazas, dos edificios: polo seu propio sentido. Por iso nos esforzamos por xunguir a historia da cidade aos nomes dos lugares, á configuración dos barrios e á lembranza das persoas senlleiras que neles habitaron.

O segundo dos propósitos deste libro é o de situar a cidade no seu contexto galego e galeguista. Asumimos sen discusión que non se pode negar á Coruña a súa longa vinculación co resto de Galiza e o seu traballo a prol da cultura e da política galegas. Desde este punto de partida queremos percorrer a cidade; queremos ver nela o que queda do que foi e o que aínda se pode imaxinar na memoria colectiva e por baixo dos disfraces das construcións e dos costumes novos cos que a modernidade a miúdo trata de esquecer o pasado.
EAN
9788496893450
Editorial
Any d'edició
2008
Pàgines
128
Enquadernació
No definido
Idioma
Gallec
Col·lecció
RETALLOS NOSA HISTORIA
Alt
200
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres