Buguina namorada
Alfaya, An
Gallec

Sinopsi Buguina namorada

An Alfaya presenta neste libro singular, ilustrado por Chus Ferrín, a historia dunha cuncha de nácara afundida no areal da illa do Esquecemento, un anaco de terra virxe perdido na inmensidade do océano Ausente. A metade do seu corpo vivía entre os pequenos grans de rocha esparexidos pola praia, e a outra albiscaba a liña do horizonte, ao lonxe coma unha raíña sentada nun trono privilexiado. Unha madrugada desatouse unha batalla entolecida, provocada polo tornado Augavento, entre un navío e as ondas. Tras o naufraxio, Buguina agardaba a presencia dalgún supervivente, botaba en falta a presencia de alguén que a arrincase da area, permitindo que a parte inferior da súa cuncha recibise o bico do sol, agardaba a alguén que arrimase os seus beizos á porta aberta do seu corpo de nácara e soprase polo seu funil convertido en bucina, e servise de alerta aos navegantes que cruzan a inmensidade do océano Ausente. Buguina namorada é un fermoso texto narrativo, enchido de referencias a mitoloxía clásica do mar, onde An Alfaya aborda o encontro entre unha buguina e un náufrago: dúas soidades na illa do Esquecemento das que, despois de pelexar pola vida, agroma a estrela da esperanza. Unha narración mitolóxica dirixida a públicos de todas as idades.
EAN
9788497820592
Editorial
Any d'edició
2003
Pàgines
104
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres