Carmín
Tabuyo, Domingo
Gallec
Gallec

Sinopsi Carmín

Nun mesmo día Rafa Meruelo coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o trancurso da súa vida: atopará un traballo como responsable dunha estación de transferencia e reciclaxe de lixo e será abandonado por Andrea, a súa moza, que gañou unha praza de profesora de Historia da Arte na Universidade de Boston. O reencontro con Carme, unha compañeira da facultade e unha avaría fortuíta nunha das tobeiras da planta onde traballaba, que lle permitirá atopar un extraño mazo de cartas, darán pé ao desenvolvemento dunha inquedante investigación que levará a Rafa e ao inspector Melle á seguir as pegadas dunha muller descoñecida. Así arrinca o argumento de Carmín, unha magnífica novela de intriga coa que Domingo Tabuyo debuta na narrativa galega. Ambientada na vila de Cambados e dotada dun poderoso alento narrativo, a investigación acometida por Rafa Meruelo e o inspector Melle na procura dunha muller descoñecida engaiola ao lector ata o seu sorprendente remate.
EAN
9788483028575
Editorial
Any d'edició
2002
Pàgines
216
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
FORA DE XOGO
Alt
210
Ample
130
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres