Contos das 1001 noites
Anónimo
Gallec

Sinopsi Contos das 1001 noites

Os contos das 1001 noites alcanzaron con xustiza celebridade e fama. Non só serviron para deter durante mil e un días a coitela vengadora do rei alporizado, senón para que a súa suspensión detivera o tempo durante varios séculos e chegara ata os nosos oídos. Non deixa de ser curioso que no canon non figuren algúns dos máis populares, como Alí Babá ou Aladino pero iso só quere dicir que as Sherezade se multiplicaron cos anos. Agora outro contador, Juan Tébar, contounolos de novo. E outros ilustradores os ilustran: Javier Serrano que realizou a ilustración da cuberta, Claudia Ranucci, Elisa Arguilé, María Jesús Santos, Marta Riera e Elena Odriola.Esta edición galega dos contos das mil e unha noites, traducida por Carmen Torres París, é unha selección realizada por Juan Tébar que inclúe os seguintes textos: "O conto das 1001 noites", "O pescador e o xenio", "Simbad, o mariño", "Aladino e a lámpada marabillosa", "Alí Babá e os corenta ladróns" e "A Historia de Parisad e os seus irmáns".Non se trata dun libro específico para nenos, e un libro que as persoas adultas non deben deixar de ler, os seus relatos foron imaxinados para todos. ¿Quen pode resistirse ao conxuro das súas tramas e as súas peripecias?
EAN
9788483026847
Editorial
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres