Curso de topoloxía
Masa Vázquez, Xosé M.
Gallec

Sinopsi Curso de topoloxía

Este manual edición revisada, actualizada e ampliada da primeira de 1999 (Topoloxía xeral. Introducción
aos espacios topoloxicos, metricos e euclidianos) abrangue os coñecementos fundamentais da topoloxía
conxuntista elemental, cubrindo as necesidades da análise matemática, da xeometría e da topoloxía alxébrica. A selección de temas tratados e a súa extensión responden á vontade de achegar resultados significativos, respostas interesantes ás cuestións suscitadas, mesmo se rebordan o nivel elemental do manual, o que converte este libro, ademais, nunha obra de referencia e consulta. Así, estúdase un resultado profundo de extensión de aplicacións, inclúese un teorema moi xeral de metrizabilidade, constrúese un mergullo dunha variedade compacta nun espazo euclidiano Nesta nova edición amplíase o programa, para abordar homotopía, grupo fundamental e teorema de clasificación das superficies compactas. Na concepción do manual foi determinante a atención preferente aos obxectos de principal interese matemático, sexan espazos euclidianos, aos que se dá un tratamento independente, sexan superficies, presentadas como espazos cociente de rexións planas, sexan o espazo de Banach de funcións reais limitadas ou o espazo de Hilbert de sucesións de cadrado sumábel, como exemplos salientábeis de espazos métricos diferentes dos euclidianos. O texto compleméntase cunha ampla colección de exemplos e exercicios.
EAN
9788417595364
Any d'edició
2019
Pàgines
381
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
USC. EDITORA. MANUAIS
Alt
240
Ample
170
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres