Sinopsi Cuspirei sobre as vosas tumbas
O relato da cruel vinganza contra unha sociedade opresora, excluínte e marxinadora cos individuos doutras razas, a quen considera inferiores. Seguindo un plan premeditado, o protagonista participa en orxías onde o sexo e a violencia son a reacción de rebeldía ás convencións morais da época.
A publicación deste libro, baixo o pseudónimo de Vernon Sullivan, estivo marcada polo escándalo que aínda hoxe acompaña a súa lectura.