De verbo a verbo. Documentos en galego anteriores a 1260

De verbo a verbo. Documentos en galego anteriores a 1260

Boullón Agrelo, Ana Isabel; Monteagudo Romero, Henrique
Gallec

Sinopsi De verbo a verbo. Documentos en galego anteriores a 1260

Esta obra contén no seu cerne a edición de cincuenta documentos notariais producidos en galego entre ca. 1225 e ca. 1260, lidos directamente sobre os orixinais, senón un caso excepcional (nº 6), que é un traslado cronoloxicamente moi próximo ao orixinal. Incluímos en apéndice cinco documentos máis anteriores a 1260, pero aos que non temos acceso directo porque se extraviou o orixinal e soamente os coñecemos ben mediante edición realizada nos nosos tempos (B, C, D), ben mediante copia coetánea (A e E). O criterio para a escolla dos documentos foi a lingua en que están escritos: o galego sensu strictu, isto é, sen incluír o portugués1. A inmensa maioría dos documentos foron redactados dentro do dominio lingüístico galego, pero hai algún exemplo procedente do exterior deste (nº 16, datado en Sevilla). Por tanto, a colección que presentamos acolle o groso da æprodución primitiva' en lingua galega, se por tal entendemos a producida en escrita romance (por oposición á latina medie val) e cun grao de definición idiomática indiscutible por oposición aos textos híbridos ou fronteirizos.
EAN
9788498872668
Any d'edició
2009
Pàgines
292
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
nº colección
65
Col·lecció
Verba
Alt
240
Ample
170
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres