DÍAZ CASTR
Insua López, Emilio Xosé
Gallec

Sinopsi DÍAZ CASTR

Sobre a figura do poeta Xosé Mª Díaz Castro (1914-1990), celebrada
con todo dereito no Día Das Letras Galegas de 2014, cumpría explicar
de xeito máis apurado e contrastivo algúns instantes e perfís correspondentes
ao seu período de formación que o converten nun caso ben máis problemático,
?incómodo? e singular do que deixaron consagradas a maioría das
aproximacións bibliográficas que suscitou con motivo da
citada efeméride.
A índole das súas primeiras producións poéticas e colaboracións
públicas na etapa xuvenil revelan un Xosé Mª Díaz Castro identificado
de cheo cunha ideoloxía politicamente reaccionaria, neoescolástica
e nacional-católica da que se enchoupa nas aulas do Seminario de
Mondoñedo e no seu propio medio social e familiar. A súa militancia
contra a República e contra os valores progresistas transloce no tipo
de publicacións coas que colabora antes do 36 e no contido, explícito
moitas veces, dos versos feitos neses anos, tanto éditos como inéditos.
A ausencia neste mesmo período de toda relación cordial co galeguismo,
mesmo co de corte confesional, resulta tamén unha evidencia
que obriga a repensar as pautas e tempos da traxectoria do autor de
Nimbos
EAN
9788484873792
Any d'edició
2017
Pàgines
134
Enquadernació
Libro
Idioma
Gallec
nº colección
351
Col·lecció
ENSAIO
Alt
210
Ample
140
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres