Dicionario Xerais de Sinónimos e Antónimos
Castro Macía, Luís
Gallec
antiguo

Sinopsi Dicionario Xerais de Sinónimos e Antónimos

Este Dicionario Xerais de Sinónimos e Antónimos de Luís Castro Macía amplía e actualiza á normativa ortográfica da Academia Galega de 2003 o primeiro dicionario de sinónimos da lingua galega publicado polo mesmo autor hai máis dunha década. En cada unha das entradas sinálase, ademais da súa categorización gramatical, os sinónimos agrupados por acepcións en orde alfabética. Así mesmo, de existiren antónimos correspondentes á palabra que figura na entrada, introdúcense ao final da serie de sinónimos. Nalgunhas entradas, tamén, se introduce un apartado específico de fraseoloxía e, no caso de que algún termo puidese ofrecer dúbida, de observacións. Este Dicionario vai destinado a todo usuario da lingua galega que desexe crear un texto oral ou escrito e que precise substitutivos de termos repetidos ou simplemente desexe profundar no manexo da lingua. Pódelle interesar ao alumno que está a elaborar o seu traballo de clase, ao xornalista que escribe a súa crónica ou a calquera outro usuario con calquera outro texto. A nova presentación flexible facilita o seu uso aos estudantes de educación secundaria, sendo tamén útil para todas aquelas persoas que traballan de xeito cotiá en lingua galega e pretenden enriquecer o seu uso.
EAN
9788497824712
Editorial
Any d'edició
2006
Pàgines
688
Idioma
Gallec
Col·lecció
DICCIONARIOS
Alt
155
Ample
215
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres