E que podo facer eu?
Camapari, José/ Cisneros Jesús
Gallec

Sinopsi E que podo facer eu?

Cómpre espertar, xa na infancia, a conciencia de que a vida non resulta doada para todos; revelar, desde os primeiros anos, os matices da realidade máis próxima, sen necesidade de padecer ou visualizar esas situacións dramáticas, pero tomando conciencia, aos poucos, da desigualdade e as inxustizas sociais. Con esta lectura, os máis pequenos comprenderán que paga a pena ser activos e implicarse na loita por valores como a igualdade, a solidariedade e a xustiza social. Este álbum lémbranos que hai que ver máis aló de nós mesmos, e esforzarse por axudar a quen o precisa. Son moitas as cousas que, case sen darnos conta, podemos facer. Abonda con abrir os ollos e aprender a mirar o mundo que nos rodea, para espertar a empatía e aprender a poñernos no lugar doutro. A lectura e a comprensión deste álbum anímanos a que manteñamos unha actitude xenerosa que contribuirá ao crecemento persoal e a unha vida máis satisfactoria. En resumo: un raio de esperanza para comezar a mudar o planeta e que nos enfrontemos aos problemas do noso tempo.
EAN
9788498717488
Editorial
Any d'edició
2025
Pàgines
36
Idioma
Gallec
Col·lecció
COLECCION O
Alt
230
Ample
250
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres