https://www.imosver.com/ca/libros/eduardo-jorge-bosco-31099802083109980208Eduardo Jorge Bosco17.1Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. Suicidouse, nas augas do Río da Plata, o 30 de decembro de 1943. De 1939 a 1942 vive unhahttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788497/978849782668.jpgLibrosLibros/POESIASin stock temporalmenteXERAIS000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788497/978849782668.jpg0010736597CIM00603560010531833NOB02006441850.92007/11/079788497826686Alonso Montero, XesúsLibrosaño_2007idioma_GallecGautor_Alonso Montero, Xesússaga_SIN COLECCION
Aquest tipus de galetes permeten a l'usuari la navegació a través d'una pàgina web, plataforma o aplicació i la utilització de les diferents opcions o serveis que hi hagi.
imosverlaravel_session
Descripció
Aquesta galeta és necessària perquè el lloc web funcioni i no es pot desactivar en els nostres sistemes.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
imosver.com
OCT8NE
Descripció
Aquesta galeta s'utilitza per al correcte funcionament del Xat d'Oct8ne per prestar el servei d'atenció al client a l'usuari.
Són aquelles que possibiliten el seguiment i anàlisi del comportament dels usuaris a la nostra pàgina. La informació recollida s'utilitza per a la mesura de l'activitat dels usuaris al lloc web i l'elaboració de perfils de navegació dels usuaris.
_clsk
Descripció
Registra dades estadístiques del comportament del visitant a la web. Això s'utilitza per a anàlisis interns per part de l'operador del lloc web.
Duració
1 any
Dependències
_clsk,MUID,_clck
Domini
logglytrackingsession
Descripció
Identifica i registra la sessió de l'usuari amb finalitats analítiques.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripció
Registra una identificació única que s'utilitza per generar dades estadístiques sobre com utilitza el visitant el lloc web.
Duració
1 any
Dependències
Domini
.imosver.com
Són aquelles que ens permeten adaptar la navegació a la nostra pàgina web a les seves preferències (per exemple, idioma, navegador utilitzat, etc.).
_fbp
Descripció
Utilitzat per Facebook per oferir una sèrie de productes publicitaris, com ara ofertes en temps real de tercers anunciants.
Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. Suicidouse, nas augas do Río da Plata, o 30 de decembro de 1943. De 1939 a 1942 vive unha fonda paixón amorosa con Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), hoxe unha autoridade no seu país en Bibliografía e disciplinas afíns. Pepita Sabor e Bosco coñecéronse e tratáronse na Facultade de Letras de Buenos Aires, onde se namoraron. Pepita, filla de pai galego nado en Vilanova de Arousa, chegara á Arxentina con menos de dous anos. Xa namoradas, Bosco, poeta case secreto, escribe, en idioma galego, Sete cancións entre o 7 e o 9 de agosto de 1939. A lingua galega aprendeuna nos libros: nos de Rosalía de Castro, a quen admiraba; en dúas importantes antoloxías, e nos poemas galegos de García Lorca, escritor do que era devoto. Non foi un exercicio literario máis ou menos retórico nun poeta tan responsable. Sen ser galego o seu idioma, as Sete cancións son un acto de entrega á paixón inspirada por Pepita Sabor. Nesa lingua, a namorada balbucira, na Ría de Arousa, as súas primeiras palabras. Ademais das Sete cancións, Bosco escribiu algúns outros versos dos que cómpre salientar un poemiña que lembra a un extraordinario poeta medieval noso, Pero Meogo. Con este poemario, Eduardo Jorge Bosco sitúase entre os mellores poetas alófonos de lingua galega, ese entrañable capítulo onde cantan fermosamente, entre outros, un catalán (Carles Riba), un andaluz (Federico García Lorca) e unha estadounidense (Annie Marie Morris). A presente edición reproduce en edición facsimilar os poemas galegos de Bosco, tanto nos seus orixinais manuscritos como mecanoscritos, ademais dun extenso estudo do profesor Xesús Alonso Montero, sobre a figura do poéta alófono arxentino e da fortuna dos seus poemas galegos, e da reprodución de diversas fotografías «ad hoc» e cartas da musa deste fermoso poemario. O volume foi subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.