Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado
Salgueiro González, Roberto
Gallec

Sinopsi Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado

Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado a traxicomedia de Roberto Salgueiro González foi merecedora do Premio Alvaro Cunqueiro de Teatro 2000. Bernardo, fillo do señor de Terzi, pretende determinar a lonxitude, capacidade e masa do amor; a preocupación central do seu pensamento. Coñecedor profundo dos tratados do amor cortés, nunca experimentou ese curioso sentimento que o leva a ruar pola Verona do Renacemento co desexo de poñer fin a súa procura desesperada. A doncela Eliana, a filla de Rucellai, encar-ga a experta Rosalía o arranxo do seu xardín do Príncipe co desexo de seducir a Bernardo, o seu amor idolatrado. A ardente Eliana pretende aprender a palabra exacta para falar con Bernardo lendo os versos clásicos de Virxilio, Cátulo, anque prefire as historias do seu contemporáneo Bocaccio.Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado é unha divertidísima traxicomedia de amores ridículos; unha irónica reflexión sobre os límites entre o amor literario, ideal e perfecto, e o amor mundano que acalma a ardentía voraz dos corpos. O amor é un asunto divertido que ocupa bibliotecas, materia poética que arriquece literaturas.
EAN
9788483025994
Editorial
Idioma
Gallec
Col·lecció
CENTRO DRAMATICO GALEGO
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres