ELISEO PULPEIRO
VV.AA.
Gallec

Sinopsi ELISEO PULPEIRO

Eliseo Pulpeiro (Ribadeo 1901 - Bos Aires 1974) emigra cos seus pais e irmáns a Arxentina cando acaba de cumprir doce anos. Nunca se esquece do seu Ribadeo e da súa Galicia e segue desde a distancia todo aquilo que acontece na terra que o viu nacer. Esta publicación contribúe a facer emerxer a súa figura na historia de Galicia, nomeadamente na parte americana, pero tamén no campo das letras galegas. Foi posible grazas ao traballo de recuperación de dúas persoas: a súa filla Sylvia Pulpeiro e o investigador ribadense Pablo Rodríguez, que construíron unha biografía en que deron voz ao propio Pulpeiro.
A través dela descóbrese o relato dun persoeiro que vai máis alá de ser o fundador e director literario de Céltiga, unha das máis importantes revistas da emigración galega en América. Compílase unha nutrida representación dos seus escritos en prosa e en verso, asinados co seu nome ou baixo pseudónimos (Xandomar, Critias...), que permiten debuxar un home fondamente asentado na terra, un observador minucioso, culto e fondamente galeguista, dotado a partes iguais dun estilo irónico e crítico. Un escritor tenaz que teceu unha ponte entre o Río da Prata, polo que navegou, e o río Eo, no que se criou.
EAN
9788492923663
Any d'edició
2016
Pàgines
292
Enquadernació
Libro
Idioma
Gallec
Col·lecció
VV.AA.
Alt
240
Ample
170
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres