España e Europa
Cancela Outeda, Celso;Rojo Salgado, Argimiro;Saco Álvarez, Alberto;González Fernández, Manuel;Pardellas de Blas, Xulio;López Viso, Mónica;Varela Álvar
Gallec

Sinopsi España e Europa

Producto da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Acción Jean Monnet nace España e Europa. Do franquismo ao euro. Neste libro participan unha serie de profesores universitarios desde distintas especialidades: historia contemporánea, economía aplicada, ciencia política e da administración e socioloxía. Deste xeito ofréceselles aos alumnos e alumnas, e ao público galego en xeral, unha ferramenta útil para informárense sobre o futuro de Europa e para, dalgún modo, participar nun debate sobre as institucións comunitarias co que se pretende fortalecer valores fundamentais como a democracia, a solidariedade ou a tolerancia que forman parte do patrimonio común e do legado histórico de todos os europeos. Así mesmo é tamén unha ferramenta para buscar colectivamente fórmulas que nos permitan conservar os sinais básicos da nosa identidade cultural e ser partícipes dun novo desenvolvemento comunitario máis solidario. Este libro nace nunha desas realidades históricas e culturais que cómpre respectar: Galicia. Por iso se procura que esta nosa realidade específica quede salientada dentro da realidade máis ampla e común que é España.O coñecemento das institucións europeas, das relacións establecidas entre estas e os gobernos españois -autoritarios e democráticos-, e a análise dos impactos institucionais, normativos, económicos e socioculturais que supuxeron para nós ingresar na Unión Europea, constitúen a cerna esencial de España e Europa. Do franquismo ao euro, unha obra de indubidable interese académico e cidadán.
EAN
9788483027462
Editorial
Any d'edició
2002
Idioma
Gallec
Col·lecció
UNIVERSITARIA
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres