Estatuto xurídico da lingua galega
Ferreira Fernández, Antonio Xavier;Nogueira López, Alba;Tato Plaza, Anxo;Villares Naveira, Luís
Gallec

Sinopsi Estatuto xurídico da lingua galega

¿Cales son os dereitos lingüísticos? ¿Como están regulados? ¿Como podemos defendelos? ¿En qué lingua fala o Dereito? "Estatuto xurídico da lingua", libro do que son autores un equipo de profesores das facultades de Dereito das Universidades de Santiago e Vigo, quere ofrecer ao lector unha visión ampla dos dereitos lingüísticos que teñen os cidadáns tanto nas súas relacións cos poderes públicos como nas relacións privadas. Para iso realízase un estudo dos textos constitucional e estatutario, pero tamén de todas as normas que garanten o uso do galego nos máis diversos ámbitos (procedementos administrativos, función pública, ensino, toponimia, actividades mercantís, rexistros, xustiza...). A novidosa perspectiva que se achega co tratamento dos dereitos lingüísticos no ámbito público e privado permite apreciar con claridade a distinta gradación dos dereitos e deberes lingüísticos en función da posición que ocupan os suxeitos. "Estatuto xurídico da lingua galega" debulla a pluralidade de normas que regulan o dereito do uso do galego, mostrando tamén os avances que se poden producir a través de exemplos comparados (Cataluña, País Bascoà) que deron resultados positivos para a consolidación do proceso normalizador. Os autores tamén realizan unha lectura crítica en torno á aplicación e interpretación que fai a Xustiza destas normas, ilustrando a evolución da xurisprudencia nesta materia.
EAN
9788497822633
Editorial
Any d'edició
2005
Pàgines
256
Idioma
Gallec
Col·lecció
UNIVERSITARIA MANUAIS
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres