FILOSOFIA
SUSANA ABUIN
Gallec
antiguo

Sinopsi FILOSOFIA

Este libro é o resultado de moitos séculos de esforzo na procura dunha explicación razoable aos asuntos da vida humana. Trata, pois, de cuestións que en toda época e cultura, a pesar do paso do tempo, permanecen como incógnitas e centros de interese. E trata das solucións que sobre esas cuestións aportaron homes e mulleres que coñecemos co nome xenérico de filósofos.Non se trata dun libro de estudio en sentido estricto, senón dun libro no que aparecen reflectidas unhas opinións que é interesante coñecer para configurarmos a nosa propia idea e o noso criterio.O libro está estruturado da seguinte forma: 1.Os Bloques temáticos. Cada bloque desenvólvese a través de tres temas que desglosan aspectos parciais dese grande apartado, pero que teñen unha forte unidade e cohesión internas. 2.Os temas. Cada un dos doce temsa subdivídese en apartados para facilital o traballo e contén unha serie de textos e actividades que complementan a exposición dos autores e autora do libro. 3.Os textos. Teñen unha dobre localización e intencionalidade. a.Moitos van intercalados na propia exposición e forman parte da mesma. Teñen que ver directamente co que se está relatando e precisan aspectos relevantes do asunto que se trata. b.Os textos que aparecen ao remate dos apartados, son textos moi significativos sobre os asuntos que se exponen e funcionan como explicación, resume ou complemento da exposición. 4.As actividades. As actividades son de varios tipos, pero básicamente perseguen dous obxectivos: a.Recompilar e sistematizar o visto anteriormente. Son actividades de avaliación do esforzo realizado. b.Ampliar a información. Son actividades que proponen a procura de información práctica acerca dos asuntos analizados. c.Fomentar a creatividade e o discurso filosófico propio. Son actividades que propoñen a elaboración do pensamento propio e o xuízo crítico acerca dos asuntos tratados. 5.A tribuna de Prensa. Ao remate de cada Tema, aparece un artigo relacionado co tema tratado que pretende ampliar e actualizar a información ao tempo que familiarizar ao alumnado coa lectura de textos científicos e filosóficos de prensa ou revistas especializadas. 6.As Biografías. Ao remate de cada tema aparece a reseña biográfica de homes e mulleres altamente representativos no ámbito da temática tratada co fin de que se teña acceso á vida e obras de persoas a quen debemos moito e dos que, tal vez, non se teña moito coñecemento. 7.A Bibliografía. Ao remate de cada tema aparece unha bibliografía e unha filmografía seleccionadas e relacionadas co tema exposto.
EAN
9788489803169
Editorial
Any d'edició
2001
Pàgines
446
Idioma
Gallec
Col·lecció
BIB.LEGISL.SERIE MENOR.C
Alt
240
Ample
170
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres