(g).claudio movilla.(galegos na historia)
Ibañez, Andres
Gallec

Sinopsi (g).claudio movilla.(galegos na historia)

Se na historia recente de España e de Galicia hai un período destacable, este é o da difícil transición democrática, no que o paso ao Estado de dereito resultou posible grazas ao compromiso de xentes como Claudio Movilla. Home dun perfil cultural rico e complexo, labrado con fervor de artesán, de firmes conviccións, exerceu de maxistrado na Coruña, presidiu a Audiencia Territorial de Sevilla e o Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria. Foi tamén maxistrado do Tribunal Supremo. Lúcido creador de opinión, non eludiu o risco da expresión crítica, moi alto nese marco institucional e máis en momentos predemocráticos. Así publicou infinidade de artigos en diversos medios de comunicación, sempre sobre temas da máis viva actualidade, non só xudicial, tratados con agudeza e con audacia. Tamén escribiu regularmente en revistas especializadas e foi excelente conferenciante. Militou activamente en Xustiza Democrática, na oposición o franquismo, e en 1984, foi dos promotores de Xuíces para a Democracia, na que tivo sempre un papel relevante. Contribuíu a fundar e presidiu o Ateneo da Coruña.
EAN
9788476806098
Editorial
Any d'edició
2007
Pàgines
64
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
GALEGOS NA HISTORIA
Alt
220
Ample
160
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres