Guía do Camiño de Santiago para peregrinos
Pombo Rodríguez, Antón
Gallec

Sinopsi Guía do Camiño de Santiago para peregrinos

Esta Guía do Camiño de Santiago para peregrinos de Antón Pombo inclúe o percorrido desde Ponferrada a Compostela a través de 9 etapas coidadosamente descritas. Ademais, a guía continúa con 4 novas etapas e as súas variantes, para incluír tamén a prolongación do camiño a Fisterra e Muxía. O autor, xornalista e historiador Antón Pombo, é un dos mellores coñecedores das rutas xacobeas. Estas páxinas ofrecen toda a información necesaria, de carácter práctico e cultural, para o peregrino: a calidade do chan (asfalto, terra, pedregal...), os albergues e aloxamentos alternativos, os perfís altimétricos, as zonas de sombra, as fontes, os centros de asistencia médica, mapas moi detallados, desvíos de interese, planos, restaurantes, así como a información de interese cultural sobre as visitas atractivas, as aldeas, as vilas, as cidades, os monumentos, a ruta e o seu ambiente, a arte, a historia, etc. Esta guía inclúe, ademais, no seu interior, importantes mapas en abano, despregables, útiles e independentes, para seguir, paso a paso, o rastro do Camiño. Unha guía práctica e actualizadísima dirixida aos peregrinos que avanzan cara a Compostela a pé, dacabalo ou en bicicleta, o libro está aberto tamén ós que queiran coñecer algún tramo da rota, así como a aqueles que, dispoñendo de coche, se interesen polos aspectos paisaxísticos e monumentais dun itinerario declarado Patrimonio da Humanidade.
EAN
9788499141121
Editorial
Any d'edició
2010
Pàgines
200
Idioma
Gallec
Col·lecció
GUIAS XERAIS
Alt
225
Ample
145
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres