https://www.imosver.com/ca/libros/guia-dos-castelos-medievais-de-galicia-31007500023100750002Guía dos Castelos medievais de Galicia33.73Este libro, "Guía dos castelos medievais de Galicia", escrito por Ramón Boga, responsable do Museo de Cambre, convida a visitar os castelos e torres de Galicia, un dos máis importantes patrimonios do https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788497/978849782035.jpgLibrosLibros/GUIAS DE VIAJESin stock temporalmenteXERAIS000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788497/978849782035.jpg35.551.772003/08/199788497820356Boga Moscoso, RamónLibrosaño_2003idioma_GallecGformato_Tapa blanda o Bolsilloautor_Boga Moscoso, Ramónsaga_GUIAS TEMATICAS
Aquest tipus de galetes permeten a l'usuari la navegació a través d'una pàgina web, plataforma o aplicació i la utilització de les diferents opcions o serveis que hi hagi.
imosverlaravel_session
Descripció
Aquesta galeta és necessària perquè el lloc web funcioni i no es pot desactivar en els nostres sistemes.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
imosver.com
OCT8NE
Descripció
Aquesta galeta s'utilitza per al correcte funcionament del Xat d'Oct8ne per prestar el servei d'atenció al client a l'usuari.
Són aquelles que possibiliten el seguiment i anàlisi del comportament dels usuaris a la nostra pàgina. La informació recollida s'utilitza per a la mesura de l'activitat dels usuaris al lloc web i l'elaboració de perfils de navegació dels usuaris.
_clsk
Descripció
Registra dades estadístiques del comportament del visitant a la web. Això s'utilitza per a anàlisis interns per part de l'operador del lloc web.
Duració
1 any
Dependències
_clsk,MUID,_clck
Domini
logglytrackingsession
Descripció
Identifica i registra la sessió de l'usuari amb finalitats analítiques.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripció
Registra una identificació única que s'utilitza per generar dades estadístiques sobre com utilitza el visitant el lloc web.
Duració
1 any
Dependències
Domini
.imosver.com
Són aquelles que ens permeten adaptar la navegació a la nostra pàgina web a les seves preferències (per exemple, idioma, navegador utilitzat, etc.).
_fbp
Descripció
Utilitzat per Facebook per oferir una sèrie de productes publicitaris, com ara ofertes en temps real de tercers anunciants.
Este libro, "Guía dos castelos medievais de Galicia", escrito por Ramón Boga, responsable do Museo de Cambre, convida a visitar os castelos e torres de Galicia, un dos máis importantes patrimonios do país e símbolo do poder feudal, sendo a súa historia é reflexo acaído do medievo galego. Na presente guía propóñese un percorrido fotográfico-histórico por aquelas fortalezas medievais galegas das que aínda fican en pé restos significativos ou susceptibeis de seren visitados, facendo unha somera referencia a aquelas que, aínda desaparecidas, posúen importancia histórica, engadíndose numerosas referencias ás murallas das vilas medievais ou ás torres illadas. O presente volume ofrece información práctica que lle indica ao viaxeiro como chegar a cada castelo, onde comer ou onde aloxarse na fin de semana (hoteis, turismo rural, campismo), e agrupa os castelos de cada zona para visitalos por itinerarios. Na provincia da Coruña propóñense tres vieiros: dende a Torre de Cela ao Castelo de Vimianzao, dende o Castelo de Moeche á Fortaleza da Mota de Ois e dende a Torre Figueroa de Abegondo a Torre de Xunqueiras. Na provincia de Lugo propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Parga ao Castelo de Amarante, dende o Castelo de Taboada á Fortaleza de Sarria, dende o Castelo de Carbedo ao Castelo de Castroverde e dende a Fortaleza de Tovar en Lourenzá á Torre de Sobrada de Aguiar en Outeiro de Rei. Na provincia de Ourense propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Vilamarín á Torre da Lamela, dende o Castelo de Maceda á Torre de Viana do Bolo, dende a Torre de Torán ao Castelo de Monterrei e dende o Castelo de Ribadavia á Torre de Milmanda en Celanova. Por último, na provincia de Pontevedra propóñense tres vieiros: dende a Fortaleza de Borraxeiros na Golada á Torre de Barciela en Forcarei, dende as Torres do Oeste ao Castelo de Soutomaior, e dende o Castelo de Monterreal ao Castelo de Sobroso en Mondariz.