Hai alguén máis feroz ca min?
Fernandes, Hugo
Gallec

Sinopsi Hai alguén máis feroz ca min?

Todos temían o monstro, e el mesmo estaba convencido de que non había ninguén máis feroz ca el; pero un día atopouse cun cativo que non lle tiña medo ningún. O monstro tratou de convencelo das súas tremendas e horripilantes características, pero lonxe de persuadir o rapaz, este demostroulle que nada daquilo era tan horrible e mesmo que os seus problemas tiñan solución doada. Case sen decatarse, o monstro empezou a mudar e a botar de menos o seu amigo.A percepción dun mesmo ante o mundo que nos rodea, é a base da conduta humana. Dun modo fantástico e divertido, o álbum pode axudar a valorar a importancia da auto-estima. Así mesmo vai dar pistas, a nivel inconsciente, para comprenderque unha visión negativa dun mesmo afecta na relación cos outros, na inseguridade en determinadas situacións,e en diversos ámbitos na vida. Con empatía, apoio e a axuda adecuada, as dificultades poden superarse e os problemas, resolverse. E posto que os cativos descobren o mundo recibindo información polos cinco sentidos, este álbum fai un divertido percorrido por eles, xogando coas características do monstro, e as situacións familiares do neno, e contrapoñendo logo a percepción a través de sensacións e experiencias gratificantes que invitan a descubrir outro modo de sentir e relacionarse
EAN
9788498717358
Editorial
Any d'edició
2025
Pàgines
36
Idioma
Gallec
Col·lecció
COLECCION O
Alt
230
Ample
250
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres