Historias de fantasmas
Hustvedt, Siri
Gallec
Novetat

Sinopsi Historias de fantasmas

Tras a morte do seu home, despois de corenta e tres anos de vida en común, a escritora Siri Hustvedt escribe desde o centro do desconcerto. O tempo compartido co tamén escritor Paul Auster deixou un rastro de rutinas, palabras e xestos na súa casa de Brooklyn, onde permanecen as cadeiras verdes en que ambos sentaban a ler os libros do outro. O tempo que se rompe, o corpo que lembra, a casa que se converte nun arquivo íntimo de amor e perda... todas esas cousas forman parte de Historias de fantasmas, que convoca as rutinas, algunhas correntes, outras insólitas, dunha vida dedicada á escrita. Neste libro encantador e estrañamente luminoso, que inclúe os últimos textos que Paul Auster escribiu ao final da súa vida -unha serie de cartas para o seu neto Miles-, unha escritora en estado de graza, lúcida e conmovedora, fala do dó, por suposto, pero sobre todo fala do que se asenta sobre el: a linguaxe compartida do amor de longa duración, a forma en que dúas persoas poden chegar a converterse na mesma persoa se viven xuntas o tempo suficiente.
EAN
9791399170528
Any d'edició
2026
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres