III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
Ruibal, Rubén;Candelas, César;Carballeira, Paula;Freixeira Ferreira, Eva
Gallec

Sinopsi III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

Rubén Ruibal e César Candelas foron os gañadores do IIIº Premio de Teatro Radiofónico "Diario Cultural" da Radio Galega pola súa obra Peter Buckley, protagonizada polo boxeador británico Peter Buckley, un eterno perdedor que procuraba ser o campión mundial en derrotas. A obra céntrase en como o personaxe vive o seu último asalto, rodeado do seu adestrador e do árbitro que o acompañan no final da súa carreira de derrotas mentres lle zoscan por última vez na súa vida. Peter Buckley foi a peza gañadora tanto no premio outorgado polo xurado como polo público. Dotados ambos premios con 3.000 euros. O xurado, -formado por Cándido Pazó, Cristina Domínguez, Flor Maceiras, Camilo Franco e Ana Romaní- destacou que a historia de Peter Buckley «emprega pautas do xénero negro, convertendo o relato nunha translación radiofónica dun ambiente cinematográfico» e con «personaxes ben perfilados». O libro cedé coeditado por Xerais e a Radio Galega, ademais da obra gañadora, inclúe os textos e as gravacións das outras dúas finalistas, Servizo de Información de Paula Carballeira e O xou mas gou on de Eva Ferreira.
EAN
9788499140100
Editorial
Any d'edició
2009
Pàgines
96
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
210
Ample
135
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres