Industria e innovación
Vence Deza, Xavier
Gallec

Sinopsi Industria e innovación

Os coñecementos, os procesos, os productos, os mercados experimentaron mudanzas profundas nas últimas décadas e seguen a cambiar con rapidez. Son cambios que afectan a todos os campos da producción sen excepcións; trátase dun cambio estructural de todo o conxunto do sistema productivo. E un cambio de paradigma cara á economía baseada no coñecemento. A capacidade para crear coñecementos, para asimilalos, para aproveitalos productivamente convértese no eixo de calquera estratexia de desenvolvemento económico. E esa capacidade non depende só da existencia de laboratorios de I+D, senón de todo o entramado que configura un Sistema Nacional de Innovación.Industria e innovación analiza esta problemática no caso de Galicia. Fai un exhaustivo repaso da nosa capacidade innovadora e dos factores que marcan as nosas feblezas (estructura industrial, actividades deI+D, política tecnolóxica, recursos humanos. ..), tratando de mostrar as liñas para a superación dos atrancos acumulados. E daquela algo máis que un estudio do sector industrial galego; é un repaso do conxunto de elementos que inflúen na nosa capacidade de cambio e desenvolvemento.Ademais, é un libro que non só describe e interpreta a realidade senón que tamén dá pistas para buscar solucións e mesmo se arrisca a facer propostas nesa dirección.
EAN
9788483022702
Editorial
Idioma
Gallec
Col·lecció
UNIVERSITARIA
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres