• Libros
  • HISTORIA
  • Investigación e crítica na LIX do marco ibérico e iberoamericano (2004-2024)
Investigación e crítica na LIX do marco ibérico e iberoamericano (2004-2024)
Red Temática de Investigación "LIJMI"
Gallec
Gallec

Sinopsi Investigación e crítica na LIX do marco ibérico e iberoamericano (2004-2024)

A Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI) celebra o vinte aniversario da súa creación cun recurso imprescindíbel para as persoas que investigan a Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), pero tamén cunha ferramenta útil para aqueloutras que median entre o libro e a lectura. Con este novo monográfico, «Investigación e crítica na LIX do marco ibérico e iberoamericano (2004-2024)» danse a coñecer as accións desenvolvidas no eido da investigación e da crítica da LIX no século XXI. O lectorado interesado pode atopar nesta publicación estudos panorámicos que abordan a situación existente nos ámbitos castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro, chileno e mexicano, así como un conxunto de obras de obrigada consulta, varias delas comentadas, que poden resultar de grande utilidade para o estudo das literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico e iberoamericano. Entre esas obras, atópanse tamén aquelas coas que as persoas integrantes de LIJMI foron cubrindo lagoas nos estudos das literaturas infantís dos distintos ámbitos que integran esta rede de investigación.
EAN
9788411105835
Editorial
Any d'edició
2024
Pàgines
392
Enquadernació
Tapa tova o butxaca
Idioma
Gallec
Col·lecció
MATERIAIS EDUCATIVOS
Alt
240
Ample
170
Altres lectors l'han valorat amb
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
La teva puntuació
Deixa'ns la teva opinió
/ caràcters