Irmán Rei Artur
Reigosa, Carlos G.
Gallec
Gallec

Sinopsi Irmán Rei Artur

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, "A tentación de Lanzarote", presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur. Se "A tentación de Lanzarote" libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, "Amor de Merlín", libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade. Tamén, no último relato, "A morte do rei Artur" propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construira derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .
EAN
9788483026069
Editorial
Pàgines
160
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
FORA DE XOGO
Alt
210
Ample
130
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres