Lourizán
Varela, María
Gallec

Sinopsi Lourizán

O Pazo de Lourizán representa unha historia de esplendor e ao mesmo tempo de abandono. A comezos do século xx Eugenio Montero Ríos, presidente do consello de ministros en 1905, durante o reinado de Alfonso XIII, encargou ao arquitecto Jenaro de la Fuente a construción do actual pazo para a súa residencia de verán. Nos seu cuartos, hospedáronse persoeiros da política e cultura do país. Alí firmouse o Tratado de París, onde se cederon as derradeiras colonias do imperio español. O feito marcaría un período de crise, que semellaba o futuro declive do pazo. Co tempo, a finca foise ampliando e reformando ata se converter nun fermoso xardín declarado Ben de Interese Cultural. Nel crecen moitas das especies vexetais senlleiras de Galiza da man do Centro de Investigación Forestal. Porén, o edificio modernista non correu a mesma sorte que o Xardín Botánico: hoxe érguese fachendoso pero cun poso de soidade. Montero Ríos puxo no mapa as parroquias de Praceres e Lourizán, trocándoas nun destino de lecer para toda a comunidade. Os marabillosos areais e a riqueza marisqueira e paisaxística do lugar sufriu, no ano 1958, a imposición franquista de reencher a baía e instalar a coñecida "celulosa" de Pontevedra, unha tacha medioambiental que é difícil de defender polos poucos réditos obtidos en comparación co que se perdeu e aínda se está a perder. A pantasma de Lourizán retrata a dúas voces o presente e o pasado do pazo e xardíns de Lourizán. A veciñanza aproveita a casa de baños no areal de Praceres na tempada de verán, a conversa en boca de todos é a inminente visita real á vila pontevedresa. Mentres, persoeiros da política e xentes da alta sociedade frecuentan o pazo e mesmo gozan da paisaxe e dun entorno espectacular, pero un feito inesperado racha coa rutina estival... Alberto Vilaboa
EAN
9788412800616
Any d'edició
2023
Idioma
Gallec
nº colección
10
Col·lecció
HISTORIAS COÑECERMOS PONTEVEDRA
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres