Luís Suárez. Fútbol de seda
Fraga, Xan
Gallec

Sinopsi Luís Suárez. Fútbol de seda

Luís Suárez. Fútbol de seda representa unha homenaxe sentida ao único xogador de fútbol galego gañador do Balón de Ouro. A publicación ve a luz ao se celebrar o 50 aniversario da concesión a Luís Suárez do galardón máximo que pode alcanzar un futbolista profesional a título individual, coincidindo tamén, casualmente, co ano no que se cumpre o 75 aniversario do seu nacemento no barrio coruñés de Monte Alto. No seu libro, Xan Fraga fai un percorrido da vida deportiva de Luís Suárez, desde os seus comezos no Perseverancia de Monte Alto até a súa actual situación de directivo do Inter de Milán, pasando pola súa participación en equipos como o Fabril, o Deportivo, o Barcelona, o Inter e a Sampdoria, así como a súa carreira como adestrador de diversos equipos, entre eles o propio Deportivo, e como seleccionador da Selección española. Unha publicación que pon en valor a contribución á historia do fútbol mundial de Luís Suárez, quen polas súas habilidades futbolísticas é considerado un dos mellores xogadores de todos os tempos, un arquitecto, un artista; en palabras do autor, un xogador 10. O libro é prologado por Arsenio Iglesias, amigo persoal de Luís Suárez.
EAN
9788496526921
Editorial
Any d'edició
2010
Pàgines
152
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
20
Ample
19
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres