LUME NA PERIFERIA. PARA UNHA HISTORIA DO CINEMA EN LINGUA G
Varios
Gallec

Sinopsi LUME NA PERIFERIA. PARA UNHA HISTORIA DO CINEMA EN LINGUA G

Cumpridos xa máis de dez anos des que o crítico,programador e produtor Martin Pawley cuñou, en complicidade con Xurxo González, a etiqueta Novo Cinema Galego, parece chegado o momento de facer balance acerca do acontecido na nosa cinematografía ao longo desta última década. Neste sentido, o presente libro non pretende tanto historiar o cinema galego dos últimos anos como propor unha serie de reflexións de carácter poliédrico desenvolvidas por autores que combinan diversas disciplinas (nalgúns casos conflúen varias na mesma persoa), de maneira que poidan resultar complementarias ás xa existentes. Como resultado, o lector atoparase cunha rica malla de entrecruzamentos que mesmo rebordará a estrita denominación de Novo Cinema Galego tentando espallarse cara a outras propostas e prácticas. Asemade, a enorme mutación propiciada polos soportes e canles dixitais comportou felizmente a transformación das posibilidades de creación e difusión e mais a irrupción da ollada propia ou -mellor- dun heteroxéneo e rico conxunto de miradas, ben que en último termo vencelladas entre si por unha serie de trazos comúns. Unhas miradas que chegaron lonxe, que rebordaron de vez as fronteiras do noso país e que demostraron que si, que definitivamente prendeu o lume na periferia. Vaiamos, pois, cara a el.
EAN
9788491517665
Editorial
Any d'edició
2021
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
MARCIAL PONS
Alt
210
Ample
135
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres