Mans que teceron futuro
Rodriguez Gallardo, Anton
Gallec

Sinopsi Mans que teceron futuro

"O libro de Antón R. Gallardo é un sobranceiro expoñente do potencial do estudo da historia das mulleres: permite rescatar experiencias, achegas e loitas invisibilizadas no relato tradicional e contribúe a recoñecer o papel delas en procesos políticos, sociais e culturais tanto do lugar que habitan coma do país. Incorporar voces e experiencias femininas, ou, coma neste caso, erixilas en protagonistas, transforma o achegamento ao noso pasado nunha experiencia inclusiva e diversa, e, xa que logo, moito máis próxima á complexidade real que se agocha detrás das sociedades pretéritas. O autor demostra, apoiado en numerosas fontes?entre as que destacan a documentación oficial custodiada en arquivos, a prensa periódica de época e a historia oral?, como a industria da sardiña, as migracións (tanto a Boiro como desde Boiro), o comercio, as ideoloxías políticas anticaciquís ou os conflitos socioambientais son (tamén) "cousas de mulleres", son esferas onde cabe atopar e reivindicar o feminino. E se é quen de pór luz en espazos aínda escuros no pasado delas, é certamente notable que tamén desmonte estereotipos nas esferas historicamente feminizadas como o citado ensino, o marisqueo ou o servizo doméstico. O libro de Antón R. Gallardo ten todas as garantías de gustar a quen o lea na procura dun excelente exercicio de historia das mulleres, pero, igualmente ten un enorme interese para quen goce con lecturas sobre o devir contemporáneo." Ana Cabana Iglesia. Profesora titular do Departamento de Historia da USC.
EAN
9791388061196
Editorial
Any d'edició
2026
Pàgines
264
Idioma
Gallec
nº colección
37
Col·lecció
ENSAIO
Alt
200
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres