MARGOT SPONER
Sponer, Margot
Gallec

Sinopsi MARGOT SPONER

Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada
nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada
Altgalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era
un texto semellante en forma e funcións ao que M. Pidal publicara en
1919 sobre documentos medievais casteláns. A Margot Sponer tocoulle
no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte á que nunca se
someteu. Neste estudo inténtase reconstruír, de maneira entrecortada
?os datos son irregulares?, unha vida de investigación, pero tamén de
dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar
na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Apórtase documentación
sobre a preparación do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a súa
elaboración e presentación en Berlín en 1935. Con esta súa tese e
como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlín,
Margot Sponer apoiou a homologación da lingua galega como obxecto
da ciencia filolóxica europea e contribuíu á internacionalización da
nosa cultura como tradición de dignidade dende a Idade Media.
Nunha época durísima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo,
capacidade para identificar e soster os principios éticos da convivencia
entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo
pagou coa súa vida por defendelos.
Este libro trata de mostrar a súa forza como persoa, como investigadora
e como muller e de reivindicar para a tradición galega a súa
memoria.
EAN
9788484873761
Any d'edició
2017
Pàgines
128
Enquadernació
Libro
Idioma
Gallec
nº colección
350
Col·lecció
ENSAIO
Alt
210
Ample
140
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres