Sinopsi Medo político e control social na retagarda franquista
Este proceso represivo, non interrompido ao final da guerra e continuado nun sistema composto de distintas formas de persecución complementarias entre si, provocou que o medo e a vontade de sobrevivir se convertesen nunha forma de xerar pasividade que permeabilizou socialmente a violencia política entre amplas capas da sociedade galega. O medo político e os mecanismos de control social inherentes ao seu funcionamento derivaron nun importante axente psicolóxico de acción social e alongaron temporalmente os seus efectos ata ben entrada a década de 1950.