https://www.imosver.com/ca/libros/mercedes-tella-comas-1868-1934-00103559490010355949Mercedes Tella Comas (1868-1934)18.81Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu traballo e actividade deu o mellor exemplo da reivindicación do papel que a muller debía ter https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788499/978849995386.jpgLibrosLibros/ENSAYOSSin stock temporalmenteBAIA000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788499/978849995386.jpg0010363905001005404419.850.992022/01/019788499953861Romero Masiá, AnaLibrosaño_2022idioma_GallecGformato_Tapa blanda o Bolsilloautor_Romero Masiá, Anasaga_Baía Ensaio
Aquest tipus de galetes permeten a l'usuari la navegació a través d'una pàgina web, plataforma o aplicació i la utilització de les diferents opcions o serveis que hi hagi.
imosverlaravel_session
Descripció
Aquesta galeta és necessària perquè el lloc web funcioni i no es pot desactivar en els nostres sistemes.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
imosver.com
OCT8NE
Descripció
Aquesta galeta s'utilitza per al correcte funcionament del Xat d'Oct8ne per prestar el servei d'atenció al client a l'usuari.
Són aquelles que possibiliten el seguiment i anàlisi del comportament dels usuaris a la nostra pàgina. La informació recollida s'utilitza per a la mesura de l'activitat dels usuaris al lloc web i l'elaboració de perfils de navegació dels usuaris.
_clsk
Descripció
Registra dades estadístiques del comportament del visitant a la web. Això s'utilitza per a anàlisis interns per part de l'operador del lloc web.
Duració
1 any
Dependències
_clsk,MUID,_clck
Domini
logglytrackingsession
Descripció
Identifica i registra la sessió de l'usuari amb finalitats analítiques.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripció
Registra una identificació única que s'utilitza per generar dades estadístiques sobre com utilitza el visitant el lloc web.
Duració
1 any
Dependències
Domini
.imosver.com
Són aquelles que ens permeten adaptar la navegació a la nostra pàgina web a les seves preferències (per exemple, idioma, navegador utilitzat, etc.).
_fbp
Descripció
Utilitzat per Facebook per oferir una sèrie de productes publicitaris, com ara ofertes en temps real de tercers anunciants.
Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu traballo e actividade deu o mellor exemplo da reivindicación do papel que a muller debía ter na sociedade. Podería ter un posto merecido na historia da Coruña con so realizar o traballo docente e de Dirección da Escola Normal durante máis de 20 anos, pero non se conformou con iso senón que redobrou o seu traballo e esforzo demostrando que as mulleres podían e debían estar presentes e actuando de forma activa na vida cultural, científica e social, sen esquecer a colaboración na atención á infancia fóra das aulas ou aos presos nos cárceres. Admiradora de Concepción Arenal, estreita colaboradora de Manuel Casás, de pensamento conservador e católico, non dubidou en defender valores progresistas en educación como a defensa da coeducación ou o papel que debían ter os libros e os xogos na educación da infancia, o que lle permitiu ser unha das más destacadas renovadoras da pedagoxía das Escolas Normais en Galicia no primeiro terzo do século XX. *** [...] Mercedes Tella Comas, da que só se publicaran até o momento breves perfís biográficos elaborados con datos fragmentarios, é unha das afortunadas coruñesas que Ana Romero Masiá elixiu para lle dedicar todo o seu bo facer, toda a súa entrega e talento, coa finalidade de nos ofrecer esta máis que completa monografía. Tella saltou do século XIX ao XX, cunha bagaxe de coñecementos e experiencias pouco común nas mulleres do seu tempo, e atravesou tres décadas do XX para se converter, xunto con outras compañeiras de oficio, nunha das artífices das transformacións das Escolas Normais no primeiro terzo do século. Ao longo das páxinas deste sólido ensaio, a autora recupera a vida e obra dunha mestra que non foi anónima porque en vida gozou de gran recoñecemento público e faino de forma exhaustiva e documentada. Nada escapa á pescuda perseverante, á ollada atenta de Ana Romero, investigadora moi rigorosa, do que xa deu mostras na súa extensa bibliografía. Por cinxírmonos ás investigacións de xénero, aí están, por exemplo, os seus traballos sobre as cigarreiras coruñesas, as salgadeiras e conserveiras galegas, ou os dedicados á reconstrución biográfica de figuras senlleiras da nosa historia como María Barbeito: unha vida ao servizo da escola e dos escolares (2014), ou os que fixo en colaboración con Carlos Pereira sobre o asociacionismo feminino progresista da Coruña ou sobre Emilia Calé Torres. Saudamos con ledicia a aparición deste libro, que, para alén de reconstruír a inspiradora vida de Mercedes Tella, contén un interesante aparato gráfico e uns valiosos anexos (discursos, conferencias, crónicas xornalísticas sobre diferentes intervencións) que permiten coñecermos ben o seu pensamento. Un excelente contributo para ir completando a historia das mulleres galegas, que aínda ten bastantes páxinas en branco [...]. (do Limiar, Aurora Marco)