https://www.imosver.com/ca/libros/musica-de-nadal-00105329950010532995Música de Nadal33.25Manuel Feijoo, o autor das partituras desta Música de Nadal, está estos días celebrando aló no Alén, logo de sentar entre os músicos do Pórtico da Gloria as bodas de ouro da data na que el, co seu Orfhttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788494/978849410079.jpgLibrosLibros/NARRATIVASin stock temporalmenteARMONIA UNIVERSAL000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788494/978849410079.jpg00105329943551.752016/05/019788494100796Feijoo, ManuelLibrosaño_2016idioma_GallecGformato_Tapa duraautor_Feijoo, Manuelsaga_SIN COLECCION
Aquest tipus de galetes permeten a l'usuari la navegació a través d'una pàgina web, plataforma o aplicació i la utilització de les diferents opcions o serveis que hi hagi.
imosverlaravel_session
Descripció
Aquesta galeta és necessària perquè el lloc web funcioni i no es pot desactivar en els nostres sistemes.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
imosver.com
OCT8NE
Descripció
Aquesta galeta s'utilitza per al correcte funcionament del Xat d'Oct8ne per prestar el servei d'atenció al client a l'usuari.
Són aquelles que possibiliten el seguiment i anàlisi del comportament dels usuaris a la nostra pàgina. La informació recollida s'utilitza per a la mesura de l'activitat dels usuaris al lloc web i l'elaboració de perfils de navegació dels usuaris.
_clsk
Descripció
Registra dades estadístiques del comportament del visitant a la web. Això s'utilitza per a anàlisis interns per part de l'operador del lloc web.
Duració
1 any
Dependències
_clsk,MUID,_clck
Domini
logglytrackingsession
Descripció
Identifica i registra la sessió de l'usuari amb finalitats analítiques.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripció
Registra una identificació única que s'utilitza per generar dades estadístiques sobre com utilitza el visitant el lloc web.
Duració
1 any
Dependències
Domini
.imosver.com
Són aquelles que ens permeten adaptar la navegació a la nostra pàgina web a les seves preferències (per exemple, idioma, navegador utilitzat, etc.).
_fbp
Descripció
Utilitzat per Facebook per oferir una sèrie de productes publicitaris, com ara ofertes en temps real de tercers anunciants.
Manuel Feijoo, o autor das partituras desta Música de Nadal, está estos días celebrando aló no Alén, logo de sentar entre os músicos do Pórtico da Gloria as bodas de ouro da data na que el, co seu Orfeón Terra a Nosa, se puxera de longo no mundo musical aquela noite do 24 de Nadal do ano 1966, cando apareceu na pantalla de rtve entrando nas ceas de Noieteboa de moitas casas e familias co agasallo das primeiras panxoliñas da súa propia man: intérpretes e composicións. Manuel Feijoo viñera facendo música sobre pentagramas secretos de moito tempo atrás. Agora, logo desta data, comezaba a romper os currunchos e agochos ocultos do seu convento franciscano e aquela riqueza persoal fíxose de goce e dominio público ó tempo que ía aumentar de vez o seu fervor, teima e obra compositivos ate contar no seu opus artístico nadaleiro con máis de 40 títulos. Este opus completo do ciclo de Nadal aparece hoxe aquí, compilado neste libro. Ó compositor e mestre Manuel Feijoo a prensa da Bretaña Francesa, logo da súa actuación no Festival Intercéltico de Lorient de 1982, chamáralle o franciscano de Galicia, e no seguinte Festival de Música Celta de Ortigueira foi alcumado o franciscano galego de Ourense polos medios da nosa terra. Logo, ou ó mesmo tempo, sempre co seu Orfeón, seguiron as xiras nacionais e internacionais do evanxelio nadaleiro feijoniano: Lisboa, Coimbra, Oporto (1982); Alemania (1973) e Austria (1979) con actuacións en Essen, Colonia, Munich e Salzburgo; París, Versalles, Amsterdam, Bruxelas (1975); Londres (1975), Roma (1975 e 1983), Arxentina, Uruguay, Chile e Venezuela (1991). Desde o primeiro día, en todo Galicia. Foi entón cando el, a súa música e a súa coral foran cosiderados nos ambientes e nos recintos dos melómanos e público en xeral como a embaixada dos cantores do Nadal. Daquela a música de Nadal de Manuel Feijoo soa e resoa no ar da Europa Central, da Europa Mediterránea, das Illas Británicas e máis aló do Atlántico. A partir de hoxe, coa publicación deste novo volume no que aparecen publicadas, amáis das súas famosas panxoliñas coa letra de Torre Enciso, moitas outras partituras pouco e menos coñecidas ou prácticamente inéditas, xa non queda o gran retablo do Nadal de Feijoo tan só nas ás do ar, senón tamén e definitivamente fixadas no seguro e ventaxoso ferro da memoria do documento público escrito e publicado.