Non temos límites
Caamaño, Begoña
Gallec
Novetat

Sinopsi Non temos límites

O presente volume titulado Non temos límites. Obra dispersa, 1990-2014 (Alvarellos editora), nunha edición ao coidado de Ana Romaní, María Xesús Nogueira e Carme Vidal, descúbrenos «a outra obra» de Begoña Caamaño: a da xornalista, a da activista, a dunha autora con mirada crítica e compromiso feminista, social e político. Non temos límites reúne os seus textos periodísticos, as conferencias, os guións radiofónicos e outros escritos que foi creando e difundindo entre 1990 e 2014. Son máis de cincuenta textos, dos que boa parte quedaran esquecidos en diversas publicacións; outros son inéditos, e todos xuntos revélannos á Begoña Caamaño de non ficción. «A obra xustifícase polo valor intrínseco do material que reúne ûsinalan no limiar as responsables desta ediciónû. Heteroxéneos na súa forma, contido e destino, os escritos mostran o coñecemento e a maneira de estar no mundo dunha autora que tomou posición nos debates do seu tempo. O libro é polo tanto susceptíbel dunha dobre lectura: como unha obra de consulta e como unha sorte de biografía intelectual e vital escrita a retallos e agora reunida. A atraente personalidade da escritora e xornalista, que fascinaba a quen a coñecía, faise presente con forza nestes textos». BEGOÑA CAAMAÑO (Vigo, 1964-Santiago de Compostela, 2014) é unha voz literaria fundamental nas nosas Letras. Autora de dúas novelas imprescindibles, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), onde demostra que «os mitos están vivos e temos dereito de facelos nosos», estudou Maxisterio en Vigo e dedicouse por enteiro ao xornalismo: dende 1989, na Radio Galega, primeiro na súa cidade natal e logo xa en Compostela. Colaborou en numerosas publicacións xornalísticas, feministas e antimilitaristas, e desenvolveu tamén unha destacada labor sindical. «Nos seus textos, nas súas conversas, na súa actividade reivindicativa enfía transgresión e humor, utiliza imaxinativos recursos para desmontar crenzas, lugares comúns e prexuízos», sinalan as súas biógrafas Ana Romaní e María Xesús Nogueira no volume Volveredes brindar por min. En 2026 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas. (A serie de imaxes da capa foi realizada por Sonia Díaz en 2009).
EAN
9791388293047
Any d'edició
2026
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
22,90 €
-5%
21,76 €
Altres lectors l'han valorat amb
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
La teva puntuació
Deixa'ns la teva opinió
/ caràcters