Novos pasos por Bretaña
Bouzas, Pemón
Gallec
Gallec

Sinopsi Novos pasos por Bretaña

Novos pasos por Bretaña é unha experiencia viaxeira que nos axudará a comprender mellor o mundo en que vivimos. Dende estas páxinas achegarémonos ás cruces de pedra e aos calvarios que Castelao debuxou; á maxia e ás lendas retratadas por Cunqueiro; sentiremos o mar navegando polas augas bretoas, falando con mariñeiros, sabendo das tradicións e historias de corsarios; coñeceremos os diferentes tipos de dolmens, menhires e aliñamentos; descubriremos a importancia dos relatos artúricos e do mago Merlín; inserirémonos na historia do ducado de Bretaña, que foi territorio independente ata hai pouco máis de douscentos anos.
Pero, sobre todo, tal e como apunta o autor, este é un libro de viaxes que fala "de vivencias, de emocións, de sentimentos, para achegar subxectividade a unha paisaxe máis ou menos vista, a uns monumentos coñecidos, a unha historia e a unhas tradicións incluso manidas". Como ben di tamén Pemón Bouzas: "A viaxe é do viaxeiro. O libro de viaxes pasa a ser a viaxe do lector, o seu primeiro achegamento ao destino elixido."
EAN
9788499145907
Editorial
Any d'edició
2014
Pàgines
96
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
CRÓNICA
Alt
220
Ample
145
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres