Primeras páginas
Sinopsi Nura
Condo construía o poema, fun elaborando, intertextualizando, o eco doutras voces por mor de fundir os vellos ecos da tradición coa voz da modernidade.
"Nura" é un canto de amor á Menorca que coñecín de neno e agora, máis afectada polo turismo, dóeme, amo e levo dentro do meu corazón. Nomeadamente cando saio da illa. E teño saudade.
"Nura" é o intento de versear con palabras toda unha serie profunda de inquedanzas e preocupacións, lembranzas, desasosegos. Nura é un salmo, unha cantata, un oratorio, un réquiem. Un tratado menorquín de illomanía por mor de que poidamos salvar as palabras, poetiza-lo mundo e facer moito máis humana a vida." Ponç Pons