https://www.imosver.com/ca/articulo/CIM0051506CIM0051506O Corpo de Cristo19.95Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatrahttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788410/978841033224.jpgLibrosLibros/COMIC Y JUEGOSEn stockASTIBERRI000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788410/978841033224.jpgCIM00091442151.052025/03/279788410332249Librosaño_2025idioma_GallecGformato_Tapa blanda o Bolsilloautor_LEMA, BEAsaga_Sillón Orejero
Aquest tipus de galetes permeten a l'usuari la navegació a través d'una pàgina web, plataforma o aplicació i la utilització de les diferents opcions o serveis que hi hagi.
imosverlaravel_session
Descripció
Aquesta galeta és necessària perquè el lloc web funcioni i no es pot desactivar en els nostres sistemes.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
imosver.com
OCT8NE
Descripció
Aquesta galeta s'utilitza per al correcte funcionament del Xat d'Oct8ne per prestar el servei d'atenció al client a l'usuari.
Són aquelles que possibiliten el seguiment i anàlisi del comportament dels usuaris a la nostra pàgina. La informació recollida s'utilitza per a la mesura de l'activitat dels usuaris al lloc web i l'elaboració de perfils de navegació dels usuaris.
_clsk
Descripció
Registra dades estadístiques del comportament del visitant a la web. Això s'utilitza per a anàlisis interns per part de l'operador del lloc web.
Duració
1 any
Dependències
_clsk,MUID,_clck
Domini
logglytrackingsession
Descripció
Identifica i registra la sessió de l'usuari amb finalitats analítiques.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripció
Registra una identificació única que s'utilitza per generar dades estadístiques sobre com utilitza el visitant el lloc web.
Duració
1 any
Dependències
Domini
.imosver.com
Són aquelles que ens permeten adaptar la navegació a la nostra pàgina web a les seves preferències (per exemple, idioma, navegador utilitzat, etc.).
_fbp
Descripció
Utilitzat per Facebook per oferir una sèrie de productes publicitaris, com ara ofertes en temps real de tercers anunciants.
Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas. Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême (Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica. A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo é “unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade polo xeito de abordar un tema tan complexo coma o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así coma a reivindicación da importancia dos coidados”. Así mesmo, sinalou que é “unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que emprega recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante”. Pola súa parte, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destacou que “a sensibilidade e o respecto que Bea Lema dedica á saúde mental e a reivindicación dos coidados n’O Corpo de Cristo, ademais das súas asombrosas ilustracións e bordados, fan que este Premio Nacional de Cómic 2024 sexa merecidísimo”. O Premio Nacional de Cómic, que agora Astiberri publica por primeira vez en galego, únese á longa lista de premios e nominacións estranxeiras que recibiu este cómic: • Premio Nacional de Cómic de España – Gañadora 2024 • Premio Miguel Gallardo a Autora Emerxente no Salón de Cómic de Barcelona - Nominada 2024 • Premio ACDCómic a Autora Revelación - Finalista 2024 • Premio de Cómic dos Lectores das Bibliotecas de Burdeos - Nominada 2024 • Gran Premio da Heroína Madame Figaro - Gañadora 2024 • Premio Bédélys 2024 do Festival de Cómic de Montreal a mellor obra estranxeira - Gañadora 2024 • Premio literario rexional de estudantes de Secundaria Agence régionale du Livre Provence-Alpes-Côté d’Azur - Short-list 2024-2025 • Premio do Público no Festival de Cómic de Angoulême 2024 – Gañadora 2024 • Fauve des Lycéens / Festival Internacional de Cómic de Angoulême 2024 – Nominada 2024 • Premio Artémisia - Nominada 2024 • Premio Première vague BD / Librairie l’esprit large - Nominada 2024 • Premio do Xurado / Festival BD en Périgord de Bassillac - Gañadora 2023 Ás cinco edicións en castelán de O Corpo de Cristo, Astiberri suma a edición en galego. Ademais, na actualidade Bea Lema traballa na adaptación d’O Corpo de Cristo a curtametraxe de animación.