O espertar da conciencia galega
Piñeiro, Ramón
Gallec

Sinopsi O espertar da conciencia galega

Nos textos de Ramón Piñeiro incluídos neste libro "gurgullan as ideas e interpretacións, adoito orixinais e faiscantes dunha mente dotada dunha intelixencia fulgurante, dunha extraordinaria capacidade para a reflexión, dunha amplitude de coñecementos sobre os temas que toca e agudeza de visión verdadeiramente sen par", segundo escribe Henrique Monteagudo no limiar. O tema que dá unidade ao libro é a cultura galega nas súas diversas facetas, e máis especificamente, a cultura galega coetánea a Piñeiro. Aproximadamente desde 1950 a 1985. A reflexión sobre a cultura galega constituíu unha das súas principais tarefas intelectuais de Ramón Piñeiro, inseparable da súa propia acción no mesmo ámbito, as dúas de grande importancia no discorrer da historia de Galicia na segunda metade do século XX. Velaquí un novo volume da Biblioteca Ramón Piñeiro, na que Editorial Galaxia reúne as obras do pensador homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2009. Desta volta trátase dun libro no que se recompilan, en edición do profesor Henrique Monteagudo, textos de Ramón Piñeiro seleccionados con dous criterios: o tema e o tempo. Ensaios breves, prólogos, conferencias e discursos, e artigos que permanecían dispersos e que, por primeira vez, se publican conxuntamente.
EAN
9788498651904
Editorial
Any d'edició
2009
Pàgines
392
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
BIBLIOTECA RAMON PIÑEIRO
Alt
210
Ample
135
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres