O gaiteiro e o Rato Pérez
Graña, Bernardino
Gallec
Gallec

Sinopsi O gaiteiro e o Rato Pérez

Silvino nacera na aldea de Tourán Baixo, o máis pequeno de catro irmáns, nunha familia pobre. Durante anos traballa de canteiro, ó tempo que aprende a toca-la gaita, por iso chámanlle ás veces Silvino o Canteiro e ás veces Silvino o Gaiteiro. Un día ten un accidente e perde unha perna. Cúrano no hospital da cidade, e pasa a convalecencia na casa da súa irmá Helena, que casara cun libreiro. Alí, tras ter un estraño soño unha noite, fai amizade cun rato a quen chama Hi-Hi. Silvino non gusta da vida da cidade e regresa á aldea co rato. O seu gusto polos libros e polas vellas lendas tradicionais parece unha rareza entre os poucos paisanos que aínda quedan na aldea. Tan só el aprecia os saberes que garda na súa memoria o vello Bernardo o Garlucho, e por el sabe das historias dos tardos, e dos mouros, e dos habitantes do mundo subterráneo. Unha noite xeada de decembro, Silvino o gaiteiro e o seu rato están a piques de morrer, perdidos no monte. E daquela entran en contacto cos PERREPES, o Pobo dos Ratos Pérez...
EAN
9788497822718
Editorial
Any d'edició
2005
Pàgines
128
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
MERLIN 9 ANOS
Alt
191
Ample
136
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres