Sinopsi O lado nobre
Irene Lourido tece nesta novela un relato persoal e conmovedor, unha crónica ¡ntima sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida. Cun estilo directo e emotivo, os textos máis instrospectivos vanse fundindo con anécdotas de momentos vitais, nun exercicio de memoria e noutro de proxección ante a necesidade de atopar beleza e dignidade nos momentos máis dif¡ciles.
«O lado nobre» é un testemu?o valente sobre a enfermidade, pero tamén unha celebración da resistencia humana e da tenra relación entre unha filla e o seu pai, que nos convidan a unha xornada de portas abertas á intimidade que eles dous constru¡ron ao longo dos anos.