O lecer das augas
Alonso Álvarez, Luís;Lindoso Tato, Elvira;Vilar Rodríguez, Margarita
Gallec

Sinopsi O lecer das augas

Nestas breves palabras, tiradas do limiar de Ramón Villares, sintetízase con claridade o obxectivo de O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia. 1700-1936, minucioso e rigoroso traballo de investigación histórica, patrocinado pola Asociación de Balnearios de Galicia e mais pola Cámara Oficial Mineira de Galicia, sobre as orixes e a evolución histórica dun sector con longa tradición na nosa comunidade, e que axudará a repensar o futuro duns servizos que supoñen unha riqueza de extraordinaria importancia para a nosa terra. E no o século XVIII cando se recupera a práctica dos baños termais, coa redescuberta das caldae romanas, combinada coa difusión das novas ideas sobre a saúde corporal que introducen as correntes ilustradas e europeizantes. Partindo dese tempo, Luís Alonso, Elvira Lindoso e Margarita Vilar estudan os principais establecementos balnearios (A Toxa, Arteixo, Cuntis, Dávila e Acuña, Caldelas de Tui, O Carballiño e Partovia, Carballo, Cortegada, Guitiriz, as Termas de Lugo, Baños de Molgas, Mondariz, O Incio e Verín), ata chegar aos anos de esplendor anterior á Guerra Civil. Un libro fundamental para coñecer e entender mellor o conxunto da Historia de Galicia. "A peripecia histórica dos balnearios galegos, reconstruída e contada con precisión erudita e elegancia literaria"
EAN
9788498653502
Editorial
Any d'edició
2011
Pàgines
520
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
REPORTAXE
Alt
240
Ample
210
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres