O libro das Seniguais e do único Senigual
Lojo, María Rosa
Gallec

Sinopsi O libro das Seniguais e do único Senigual

Un suxestivo e curioso volume en formato álbum, dirixido a un público de todas as idades. A autora naceu na Arxentina e é filla dun galego republicano exiliado. Está considerada unha das voces literarias máis poderosas do mundo hispanoamericano e o seu vencello con Galicia vén de lonxe. No ano 2006 publicou en Galaxia A fin da terra. Neste libro (con reminiscencias afastadas aos Cronopios e Famas de Cortázar, tan vencellado tamén a Galicia) a autora plantea un xogo lírico dunha estrema beleza arredor dunha especie (imaxinaria ou non, velaí un dos engados do libro), as seniguais, que existen por todo o mundo pero que teñen a súa orixe en determinadas figuras do imaxinario tradicional galego: as meigas, as bruxas, e as fadas dos bosques. Galicia aparece con moita forza no libro, ao arrancar a acción de Fisterra e ao estar protagonizada por unha nena, Isolina, de orixe galega. Concibido narrativamente dende un punto de vista circular, a historia remata volvendo de novo a Fisterra e a Galicia. A obra vén sendo unha festa lírica e de imaxinación que, ademais de contarnos todo o que cómpre saber sobre estes enigmáticos seres, critica a violencia humana e o fanatismo, polo cal nos ofrece unha pluralidade de lecturas segundo o chanzo de idade dos lectores e lectoras que se acheguen ao libro. Os cativos lerán unha historia marabillosa sobre seres marabillosos. Os adultos serán quen de ver todo o que hai por debaixo e que a autora, sutilmente, quere transmitirnos. O libro está ilustrado pola artista Leonor Beuter (unha das pintoras con máis proxección do continente americano), a toda cor, buscando tirar do prelo non só un libro fermoso senón unha obra de alta calidade literaria, artística e editorial. Nas súas ilustracións, enchoupadas do mesmo lirismo imaxinativo do texto, a artista recorre a unha técnica pictórica que lembra o punto de cruz. Uns seres moi especiais. Máis que un libro, unha obra de arte
EAN
9788498653199
Editorial
Any d'edició
2010
Pàgines
48
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
ALBUMES
Alt
220
Ample
295
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres