Sinopsi O que estou a dicir cando digo «Altri non».
Agora, co presente ensaio, Xosé de Cea, escritor con raíces palenses e melidao de padrón, aborda a problemática dende unha perspectiva radicalmente emocional e subxectiva. Para facelo, tira de memoria, andainas, lecturas, sentimentos e intuición coa arela de tecer unha trama de reflexións arredor do que supón este novo despropósito empresarial para un habitante da Terra do Medio, ademais de tentear as actitudes que cómpre esgrimir para enfrontalo.